Fene conmemorará o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Fene conmemorará o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Baixo o lema “A saúde das mulleres é un dereito”, a Concellería de Benestar Social e Igualdade conmemorará este ano o Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres con diferentes actividades que se desenvolverán do 17 ao 31 de maio. Así, durante ese período, cada día ás 11.00 horas emitiranse pílulas informativas a través de Radio Fene (107.7 FM ou https://www.radiofusion.gal/emisora/radio-fene) nas que se abordarán diferentes aspectos da saúde das mulleres como a fibromialxia, nutrición, embarazo, lactancia, carga familiar das mulleres, só pélvico, etc. Ademais, o día 28 de maio haberá unha andaina pola saúde das mulleres con saída ás 11 horas do paseo marítimo San Valentín (pavillón deportivo A Xunqueira) e chegada á casa concello de Fene sobre as 12 horas.

O programa artellado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade para conmemorar o Día Internacional de acción pola saúde das mulleres contempla as seguintes iniciativas:

Do 27 ao 31 de maio, ás 11 horas en Radio Fene (107.7 FM) emitiranse unha serie de pílulas invormativas sobre diversos aspectos da saúde das mulleres por profesionais do Centro de Saúde de Fene e Narón.

• 27 de maio. Contaremos con Sonia Gómez Tomé y Cristina Cotobad Martínez (fisioterapeutas do Centro de Saúde de Narón) que nos van a falar da fibromialxia.
• 28 de maio. Entrevista a Iria González Fraga (nutricionista centro saúde Fene) que nos vai falar de nutrición, embarazo e lactancia.
• 29 de maio. Entrevista a Etelbina Caeiro Uzal (enfermeira do Centro de Saúde Fene) que nos falará da relación entre xénero e saúde, “A saúde sí ten xénero”.
• 30 de maio. Entrevista a Paula Paz González (traballadora social) que nos falará da carga familar das mulleres e a súa incidencia na saúde.
• 31 de maio. Entrevista a Generosa Yañez Cerezal (matrona xubilada do Centro de Saúde de Fene) que nos falará do só pélvico. Este mesmo día intervirán a técnica de igualdade Adelaida Abad, e a alumna en prácticas de Promoción da Igualdade de Xénero, Deisy Pérez, falando da Soidade da muller e a súa influencia na saúde.

O día 28 de maio haberá unha andaina pola saúde das mulleres con saída ás 11 horas do paseo marítimo San Valentín (pavillón deportivo A Xunqueira) e chegada á Casa do Concello de Fene sobre as 12h. Refrixerio saúdable e leitura do manifesto “A saúde das mulleres é un dereito” .

As inscripcións realizaranse o día 27 de maio no Departamento de Benestar Social e Igualdade sito en Avda. Do Mar , bloque 1, baixo, San Valentín, ou nos teléfonos de contacto 981342607/981492706

Anímase a todas as mulleres de Fene a participar nesta andaína como un acto simbólico do recoñedemento do dereito das mulleres a disfrutar dunha vida saudable.


O 28 de maio de 1987 foi a primeira vez que se celebrou este día a nivel internacional, isto foi motivado pola existencia de múltiples factores económicos e socioculturais que impedían e que na actualizade aínda siguen impedindo que a saúde sexa un dereito para moitas mulleres e nenas no mundo.

“Nós agora dende o eido local queremos tamén celebrar este día a través da visibilidade das mulleres que traballan no ámbito da saúde e que teñen moitas cousas que contar referidas ao feito de ter saúde e ser muller. Queremos agradecer a colaboración e o entusiasmo de todas elas para a organizar esta semana adicada á saúde das mulleres”, afirman desde a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene.