O Concello de Fene contratará en xullo a cinco persoas con cargo ao PEL 2024
28-05-2024
Catro destas persoas integraranse nas áreas de obras e servizos, e unha no arquivo e biblioteca
O Concello de Fene contratará no próximo mes de xullo un total de cinco persoas con cargo ao Programa PEL 2024, financiado pola Deputación da Coruña. Catro destas persoas serán peóns/oas que se integrarán nas áreas de obras e servizos para a realización de tarefas de mantemento de espazos públicos e/ou limpeza, mentres que a quinta persoa será un/ha administrativo/a vencellada ao arquivo e biblioteca.
Logo da publicación do proceso selectivo no BOP, o Concello de Fene tramitará ante a oficina de emprego de Ferrol (Esteiro) as ofertas de emprego. Como requirimentos, as persoas a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nas categorías de peón/a de obras públicas (código 96011029) ou empregada administrativa de arquivos e bibliotecas (código 42101011).
Cristina García, concelleira de formación e emprego de Fene, avanzou que estes contratos terán unha duración de seis meses a partir da súa sinatura, e puxo en valor este programa para “ofrecer unha oportunidade de emprego a cinco persoas ao tempo que contribúe a mellorar os servizos prestados polo Concello de Fene”.
As persoas que desexen obter máis información poden dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, na Praza do Alcalde Ramón José Souto González; no teléfono 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal.
ACTUALIZACIÓN 29/05/2024. Publicadas anuncio bases no BOP do 29 de maio as bases.