Os establecementos participantes abrirán con horario especial, de 10 a 14h e de 18 a 23h
Fene acolle este sábado unha nova edición da Fashion Night
Ao longo da tarde desenvolveranse varios desfiles de moda, concertos e exhibicións de baile
06-06-2024
Diversos establecementos feneses súmanse este sábado, 8 de xuño, a unha nova edición da Fashion Night. Un evento no que ofrecerán importantes descontos e o sorteo dunha viaxe entre as persoas que se acheguen a mercar, en horario especial de apertura de 10 a 14h, e de 18 a 23h.
A partir das 19.30h realizaranse catro desfiles de moda diante de diferentes locais da Avenida Marqués de Figueroa (19.30h Moda Jomer; 19.45h Dama; 20h Mi Pachú e 20.15h Bualá).
Tamén haberá tempo para os concertos con Los Alcántara (ás 19h na Avenida Marqués de Figueroa), La Indirigible (ás 20.30h na Avenida Tarrío) e Superglú (ás 22h na Avenida Naturais), o pase das Treboeiras de Canido e diversas exhibicións de baile a cargo das academias May Dance e Fusion Dance.
O evento está organizado pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos ‘O Cruceiro’, coa colaboración da área de Promoción Económica e Turismo do Concello de Fene.