A Mancomunidade dos Concellos da Comarca de Ferrol conmemorou o Día Mundial da Atención Temperá
17-06-2024
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, participou o pasado venres, xunto cos alcaldes de Ferrol, José Manuel Rey Varela, de Narón, Marián Ferreiro, e de Valdoviño, Alberto González, no acto conmemorativo do Día Mundial da atención temperá, que se celebrou este domingo. No acto salientouse a importancia de detectar as posibles dificultades no desenvolvemento e apredizaxe dos nenos e nenas para poder optimizar os resultados que se poden obter da atención temperá.
Tamén se puxo de manifesto que entidades como Aspaneps -que participou no acto- realizan ese importante labor, motivo polo que os Concellos da Mancomunidade prestan o seu apoio económico co obxectivo de que poidan seguir realizando a súa actividade e dean resposta ás necesidadades pedagóxicas, psicolóxicas e sociais dos nenos usuarios e das súas familias.