Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República
14-08-2024
O acto institucional celebrarase este venres 16 de agosto ás 20.00 horas na praza que leva o seu nome
O O Concello de Fene celebrará este venres 16 de agosto, a partir das 20.00 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.
Unha homenaxe na que participará a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e ao que asistirá Antonio Seijo, veciño de Maniños e neto do irmán xemelgo de Ramón Souto.