Curso de Socorrismo en instalacións e espacios acuáticos naturais.
23-08-2024
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa da convocatoria pola Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración da Deputación da Coruña, dun curso de Socorrismo en instalacións e espacios acuáticos naturais.
Os requisitos para poder inscribirse son:
Maior de 18 anos
Estudos de Certificado en ESO ou equivalente
Encontrarse empadoroado, desde antes ao 1 de xaneiro de 2024, en calquera dos concellos que forman parte do destino turístico de Ferrolterra
O curso desenvolverase nas instalacións do Concello de Ferrol en xornadas de fin de semana, ao longo do outono de 2024.
As aulas prácticas en espazos acuáticos naturais terán lugar en espazos acuáticos naturais por determinar.
SOLICITUDES: entre 23/08/2024 e 05/09/2024
As bases e máis información en https:/comarcaferrolterra.wordpress.com
As instalacións e horarios do curso serán publicitados na web da Mancomunidade con antelación ou no momento da publicación do resultado do proceso selectivo
Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue””, Praza do Alcalde Ramón José Souto González, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal