Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, convócase ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa, hoxe LUNS 7 DE OTUBRO ás 12:00 h, na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA de  Fadoua Akkar, de 41 anos, ocorrido en Domaio.
 
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.