O Concello de Fene acolleu o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Inicia VII

O Concello de Fene acolleu o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Inicia VII

As persoas participantes completaron a súa formación teórica con diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas

O Salón de Plenos do Concello de Fene acolleu esta semana o acto de clausura do Obradoiro de emprego Inicia VII. O alcalde de Fene, Juventino Trigo, estivo acompañado no acto pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o alcalde de Cabanas, Fernando Couce.

O Obradoiro Inicia VII que vén de rematar formou durante 12 meses a 15 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial, cun modelo que combinou formación en aula coa aplicación práctica dos coñecementos adquiridos. Ao abeiro deste programa, o alumnado desenvolveu diferentes actuacións de mellora das dotacións públicas, como a substitución e instalación de novas varandas nas escaleiras de acceso a San Valentín ou a colocacións de pasamáns laterais e unha varanda nas gradas do Pavillón Polideportivo A Xunqueira, entre outras.

Durante o acto, o alcalde de Fene trasladou os parabéns do Concello de Fene ao alumnado – traballador que completou a súa formación, e amouse convencido de que esta experiencia “permitiralles mellorar a súa empregabilidade, facilitando a inserción no mercado laboral”.

O Obradoiro foi promovido polos concellos de Fene, Ares, Cabanas e Mugardos, e contou cunha subvención da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración, dentro da iniciativa de emprego xuvenil e o Programa Operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021 – 2027.