Bota a andar o proxecto Fene 1941

Bota a andar o proxecto Fene 1941

Promovido polo Concello de Fene e apoiado por diferentes entidades vencelladas ao mar como a Cofradía de Barallobre e a Asociación O Cruceiro, Fene 1941 nace co obxectivo de promover e recuperar o patrimonio cultural marítimo-pesqueiro de Fene e, particularmente, o estaleiro. Pero ademais pretende poñer en valor os produtos do mar de Fene e dar a coñecer ao público en xeral a relevancia da actividade pesqueira, a súa tradición e a súa cultura en Fene.

Cun orzamento totalde 91.439,70€, o proxecto contempla as seguintes actividades:

  • Deseño da imaxe "Fene 1941"
  • Divulgación histórica. Ciclo de conferencias. Premio "Astano 1941"
  • Recollida da historia viva do Estaleiro. Testemuñas
  • O Estaleiro nas tabernas. Recuperación da cultura da canción mariñeira e gastronomía das décadas dos 40, 50 e 60
  • O Estaleiro nas escolas. Dar a coñecer a historia do estaleiro entre as novas xeracións de Fene
  • Encontro interxeracional
  • Recollida historia viva da xente do mar de Fene
  • Campaña de difusión en RRSS e medios de comunicación

O proxecto Fene 1941 promovido polo Concello de Fene conta para o desenvolvemento das actuacións dunha axuda do Programa FEMPA da Consellería do Mar e que foi tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2024, a executar nas anualidades 2024 e 2025.

 

Descargas