Dispositivo día de tódolos santos e defuntos
28-10-2024
Con motivo do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos, o Concello de Fene informa da ampliación de horarios do cemiterio municipal, así como da posta en marcha dun servizo de transporte especial, que aquí detaiamos:
O servizo de transporte ao Cemiterio Municipal de Fene realizarase conforme as seguintes datas e horarios:
Día 31 de outubro de 2024
(Horario de tarde)
Día 1 de Novembro de 2024
(Horario de mañá e tarde)
Día 2 de novembro de 2024
(Horario de mañá e tarde)
Observacións:
O servizo de transporte en horario de mañá terá a súa saída ás 10:00 horas do Cuartel da Garda Civil facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 12:00 horas.
O servizo de transporte en horario de tarde terá a súa saída ás 16:00 horas do Cuartel da Garda Civil, facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 18:00 horas.
Horario Cemiterio Municipal:
1 DE NOVEMBRO DE 2024 (Día de Todos os Santos) Horario ininterrompido: de 08:00 a 22:00 horas.
NOTA: Comunícase que celebrarase no recinto de referencia unha “MISA” ás 17:00 horas do citado día.
2 DE NOVEMBRO DE 2024 (Día de defuntos) Horario extensivo: de 10:00 a 20:00 horas.
Dende o día 25 e até o 31 de outubro (incluindo o luns día 28 de outubro) o horario do cemiterio será ininterrompido dende as 10:00 ata as 19:00 horas