Instrucións da Fegamp para canalizar as axudas aos damnificados pola Dana
04-11-2024
O Concello de Fene traslada á veciñanza o comunicado da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no que se indica que, perante os problemas de loxística e almacenamento que se están a producir nas zonas afectadas pola Dana, se recomenda "ENVIAR AS AXUDAS A TRAVÉS DE DOAZÓNS ECONÓMICAS" ás organización que traballan coa poboación local.
Recomendan ademais que, "aínda que se sigan a recoller produtos (auga e produtos de hixiene corporal maiormente), POLO MOMENTO, SE PARALICEN OS ENVÍOS ás zonas afectadas ata novas indicacións".
Desde o Goberno Municipal de Fene reitérase o compromiso e solidariedade coa poboación damnificada, solicitando á veciñanza que se atendan as indicacións da FEGAMP e que se prioricen as doazóns económicas a organizacións que, como a Cruz Vermella, traballan nas zonas afectadas pola Dana.