Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista
12-11-2024
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para mañá mércores 13 de novembro de 2024 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ESTELA BLACH SILVA de 36 anos Veciña de Baiona (Pontevedra)
Estela foi brutalmente asasinada pola súa exparella a madrugada do pasado venres en Baiona pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas as mulleres polo mero feito de ser mulleres.
Estela é a cuarta vítima mortal da violencia machista en Galicia no 2024 sendo xa 40 as mulleres asasinadas en España no que levamos de ano (Fonte: Ministerio de Igualdade)
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.