Fene sabe a mar

Fene sabe a mar

A campaña promovida pola Consellería do Mar, Galicia sabe a mar, para promocionar os produtos do mar en poñer en valor o labor das persoas profesionais da pesca e do marisqueo, aparcará a súa foodtruck en Fene hoxe xoves 21 de novembro. Todas aquelas persoas interesadas en degustar de balde petiscos  realizados con produtos do mar e da terra galegos deberán achegarse á Praza Alcalde José Ramón Souto González de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00.