O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San Marcos

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San Marcos

O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo o país

O Concello de Fene anima á veciñanza a participar no acto expansivo de izado da bandeira galega promovido pola plataforma Vía Galega, que terá lugar este sábado 23 de novembro ás 12h en San Marcos, ao carón do local veciñal da Asociación Santo Samarco. Este evento insírese nunha campaña para divulgar os símbolos nacionais de Galiza, como a bandeira ou o himno, e co previsto en San Marcos o Concello de Fene completa a colocación de bandeiras nas entradas principais do termo municipal.

A data elixida lembra a celebración da I Asemblea Nacionalista Galega de 1918, organizada polas Irmandades das Fala, e cuxas propostas, aprobadas hai 106 anos, seguen a ter plena vixencia na loita por un autogoberno galego.

Ademais de animar a participar nesta homenaxe aos símbolos e á historia do noso país, o Concello de Fene fai tamén un chamamento á veciñanza a sumarse a esta iniciativa dándolle visibilidade á bandeira galega en fiestras e varandas.