Mellora da rede municipal co apoio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
10-12-2024
O Concello de Fene levou a cabo a adecuación e mellora dos camiños municipais coa optimización da drenaxe na rúa Campanario. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020, cun importe total de 45.878 euros.
Esta operación forma parte do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que busca facilitar o acceso ás áreas rurais, mellorar as infraestruturas e contribuír ao desenvolvemento sostible do medio rural.
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural.