Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista
19-12-2024
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe xoves 19 de decembro de 2024 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA de REJANE de 42 anos veciña de Viveiro (Lugo)
Rejane é a quinta vítima mortal da violencia machista en Galicia no 2024 sendo xa 46 as mulleres asasinadas en España no que levamos de ano (Fonte: Ministerio de Igualdade)
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.