Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República
O acto institucional celebrarase este luns 18 de agosto ás 12.30 horas na praza que leva o seu nome
14-08-2025
O Concello de Fene celebrará este luns 18 de agosto, a partir das 12.30 horas, o acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. A homenaxe terá lugar no salón de plenos do Concello, e contará coa paricipación da escritora Anxos García Fonte e o deseñador Carlos Sardiña para falarnos da súa obra A morte nas fragas.
No decurso do acto, procederase ao visionado da curtametraxe Os fíos da memoria, elaborado por Xarda e haberá unha ofrenda floral na praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.
