Clausura do 11º obradoiro dual de emprego REINICIA
16-09-2025
A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, participou este mediodía en Ares na clausura do 11º obradoiro dual de emprego REINICIA. Tamén asistiron representantes dos Concello de Ares (municipio anfitrión nesta anualidade) e Mugardos, xunto coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.
No acto celebrado na Alianza Aresana, os dezaoito alumnos e alumnas recibiron o seu certificado acreditativo de empregabilidade polo período formativo e puxeron fin así a 9 meses onde se especializaron en Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en Traballos de carpintería e moble, cunha modalidade centrada na aplicación de lacas e varnices.
Ambas opcións contemplaron contratos de aprendizaxe en empresas e contornais reais laborais, impulsando a empregabilidade do alumnado.
Organizado polos concellos de Fene, Ares e Mugardos, o obradoiro dual de emprego REINICIA contou coa subvención e apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
