Fene acolle un curso de Competencias dixitais, nivel intermedio
16-09-2025
Curso; cuxo obxectivo principal é mellorar as competencias dixitais e aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías; dirixido a persoas con competencias dixitais básicas, desempregadas ou en situación de mellora do emprego que teñan a demanda de emprego activa no momento de inicio da formación.
Data de presentación do curso : 18/09/2025
Data de inicio: 26/09/2025
Data de finalización: 05/12/2025
Horario: 9.00 a 14.00 h
Para participar, cómpre asistir á xornada de presentación que terá lugar o xoves 18 de setembro, ás 10.00 horas, no Salón de Plenos do Concello e presentar o DNI e a demanda de emprego.
REQUISITOS:
Persoa desempregada ou en situación de mellora do emprego que teña a
demanda de emprego activa no momento de inicio da formación.
Competencias e manexo de competencias dixitais básicas
Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene (tfno. 981 492 767 / orientacion.laboral@fene.gal)
