Concentración para condenar o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino
18-09-2025
O concello de Fene súmase a inciativa da #FEGAMP na convocatoria silenciosa, para mañá venres 19 de setembro 2025 ás 12:00 h na porta da Casa do Concello, para manifestar públicamente a condea e rexeitamento á ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario executado polo goberno de Israel contra o pobo palestino de Gaza.
Con esta iniciativa, a FEGAMP e Concello de Fene recollen o sentir da cidadanía galega e das institucións democráticas firmemente comprometidas cos valores da paz, da xustiza e os dereitos humanos.
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea e repulsa ao xenocidio en Gaza.
