O Concello de Fene foi beneficiario en 2025 de varias axudas da Deputación da Coruña

O Concello de Fene foi beneficiario en 2025 de varias axudas da Deputación da Coruña

Subvencións destinadas á promoción económica, turismo e limpeza das praaias

  • Subvencións da Deputación Provincial da Coruña. Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego

Ao abeiro das convocatorias da Deputación da Coruña DP0029 - programa de axudas dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2025 e DP0043 – programa dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025, o Concello de Fene recibiu subvencións para o servicio de atención e promoción turística e para actividades de fomento e dinamización do sector económico e turístico.

A contía das axudas percibidas ascendeu a 20.094,22 € (a razón de 10.094,22 € para o programa DP0029 e 10.000,00 para o programa DP0043)

  • Subvención da Deputación Provincial da Coruña. Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Ao abeiro da convocatoria da Deputación da Coruña MA100 - programa de axudas para limpeza de praias marítimas no 2025, o Concello de Fene recibiu en unha subvención por importe de 14.325,06 €.

Descargas