O Concello de Fene anuncia a contratación dun educador/a social a través do Programa de Garantía Xuvenil. 

O Concello de Fene anuncia a contratación dun educador/a social a través do Programa de Garantía Xuvenil. 

O Concello de Fene, neste mes de novembro, vai contratar 1 educador/a social, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, destinada a contratación de persoas mozas inscritas no Programa de Garantía Xuvenil.

O obxecto desta contratación, de 9 meses, é proporcionarlle unha experiencia e práctica profesional que ao remate da mesma facilite a súa inserción laboral.

A inscrición no rexistro do programa de garantía xuvenil é un requisito indispensábel para poder participar nesta convocatoria. Para formalizalo accédese a través do seguinte enlace:

Sepe.es/HomeSepe/Personas/encontrar-trabajo/Garantia-Juvenil/que-es-garantia-juvenil.html

Os requisitos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:

  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non estar realizando accións formativas nin educativas.
  • Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil

As bases do proceso selectivo publicaranse nesta páxina web.

Será o Servizo Público de Emprego a entidade que realizará a preselección de candidatos/as.

A persoa traballadora que se contrate deberá ser persoa desempregada, inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupada, estar dispoñible para o emprego e dentro da casuística que recolle o programa:

Titulación de Educación Social e Inscrición no Programa de Garantía Xuvenil

A ocupación que se vai solicitar na Oficina de Emprego terá o código: 2824

Para máis información:

Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue””, Praza do Alcalde Ramón José Souto González, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal

 

12/11/2025 ACTUALIZACIÓN. Publicadas as bases aquí

Ligazóns