Fene prepárase para o “Fest Fene”, que se celebrará o sábado 13 de xuño
11-06-2026
Fene vivirá o sábado 13 de xuño o “Fest Fene", un evento que reunirá moda, música e animación nas rúas, cun claro obxectivo: promover o comercio local e dinamizar a vida social e económica do concello. A actividade, organizada pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos "O Cruceiro" coa colaboración do Concello de Fene, desenvolverase de 10:00 a 13:30 e de 18:00 a 22:00 horas, nos 15 locais participantes, que ofrecerán descontos especiais, ofertas exclusivas e un ambiente único para as compras.
Haberá exhibicións de baile e música en directo. Toda unha oportunidade para redescubrir o comercio de proximidade, con produtos de calidade, atención personalizada e prezos moi competitivos.
