Cambios na programación do I Festival Intercéltico Fene Interculturas debido á previsión de choiva
28-08-2026
A Noite Celta, prevista para a noite do sábado, trasládase ao local da SCRD O Pote (Maniños) para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións.
En canto ao gran desfile, manterase pendente da evolución da meteoroloxía. A organización decidirá a súa adaptación en función das previsións co obxectivo de preservar os traxes tradicionais e os instrumentos das agrupacións participantes. De poder celebrarse, rematará na Casa do Concello, e non na Fonte do Campo como estaba previsto inicialmente.
Agradecemos a comprensión de todas e todos e animámosvos a acompañarnos nesta primeira edición deste Festival. A choiva non vai impedir que celebremos a nosa cultura e tradición!
