A Cámara de Comercio da Coruña impulsa a empregabilidade dos maiores de 45 anos cun novo curso gratuíto

A formación, de 120 horas de duración, realizarase na Escuela de Cocina ICOOK de Fene entre o 2 de novembro e o 16 de decembro.

A Cámara de Comercio da Coruña impulsa a empregabilidade dos maiores de 45 anos cun novo curso gratuíto

Dirixida a persoas de entre 45 e 60 anos en situación de desemprego ou inactividade laboral.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza en Fene unha nova iniciativa formativa dirixida a persoas de entre 45 e 60 anos que se atopen en situación de desemprego ou inactividade laboral. Esta acción enmárcase no Programa Talento 45+, unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo destinada a favorecer a reinserción laboral e a actualización de competencias profesionais deste colectivo.

O curso terá unha duración total de 120 horas lectivas e desenvolverase entre o 2 de novembro e o 16 de decembro. As clases impartiranse de luns a xoves, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións da Escuela de Cocina ICOOK de Fene (Estrada do Peirao, 14, 15500 Fene).

A través desta formación búscase ofrecer unha capacitación adaptada ás demandas do mercado laboral actual, dotando ás persoas participantes das ferramentas necesarias para reorientar a súa carreira profesional e mellorar a súa empregabilidade.

Tramitación e inscricións

O prazo de inscrición xa se atopa aberto. As persoas interesadas en participar deben formalizar o seu rexistro a través dos canles habilitados pola Cámara de Comercio:

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de A Coruña (Delegación de Ferrol: C/ María, 158; 15401 Ferrol).

Teléfono de contacto: +34 881 92 64 94.

Formulario de inscrición a cursos de emprego Programa Talento 45+ (2º Semestre) Aquí

Para solicitar información adicional sobre o desenvolvemento da actividade ou recibir orientación sobre a convocatoria, o Concello de Fene pon a disposición dos cidadáns o seu servizo de atención:

Punto de información:

Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue” (Praza do Alcalde Ramón José Souto González).

Teléfono: 981 492 767.

Correo electrónico: orientacion.laboral@fene.gal.

Descargas
Ligazóns