15-08-2024
15-08-2024
O Concello de Fene está a celebrar esta semana a segunda edición do Perla Mural Fest, un festival de arte urbana que está a transformar o concello nun auténtico museo ao aire libre. Esta nova edición contará coa participación de destacados muralistas internacionais, como o madrileño Sfhir, a napolitana Leticia Mandragora e o chileno Cristóbal Persona. Cabe lembrar que o mural da violonchelista que Sfhir pintou en Fene na pasada edición foi recoñecido como o Mellor Mural do Mundo, un fito que reforza a importancia deste evento no panorama artístico global.
09-08-2024
09-08-2024
Esta mañá a concelleira de Servizos de Fene, Sandra Permuy, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, visitaron o Parque da Hortiña de Limodre para supervisar os traballos de montaxe do Festival Felicia Pop, que terá lugar hoxe venres e mañá sábado.
Un evento no que o Concello de Fene participa activamente, achegando unha subvención nominativa de 11.000 euros e cubrindo diversas necesidades operativas a través da área de Servizos, especialmente no relativo a limpeza e seguridade. Ademais, o Concello financia a participación do grupo Ataque Escampe, que actuará na sesión vermú do sábado ás 13.30h con entrada de balde.

17-06-2024
17-06-2024
O Concello de Fene participará este sábado, 22 de xuño, nunha nova edición do “Primavera no Camiño Inglés”. O evento, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, decorrerá nesta ocasión nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, entre as 11 e as 20h.
14-06-2024
14-06-2024
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, presidiu esta mañá o acto de entrega de premios do XIV Concurso de Tapas. Un certame no que participaron nove establecementos, competindo nas categorías de Tapa Tradicional, Tapa Creativa, Tapa Popular Tradicional e Tapa Popular Creativa.
Tras a celebración deste evento, que permitiu probar as elaboracións culinarias coas que os locais de Fene sorprenderon á súa clientela, recolléronse 3.348 tarxetas. Ademais, 187 persoas conseguiron completar o percorrido, probando as nove tapas a concurso durante as dúas fins de semana que durou o mesmo.

11-06-2024
11-06-2024
O Concello de Fene abriu esta semana a súa Oficina de Información e Turismo (OIT), situada no número 52 da Avenida Naturais. Contará cun servizo de atención ao público de luns a venres, en horario de 8.30 a 15.30h, que rematará o 9 de outubro.
Desde esta Oficina de Turismo atenderase ás visitantes de Fene, achegando información sobre os recursos, servizos e actividades do propio concello, así como do Xeodestino e da provincia da Coruña. Ademais, ao situarse ao pé do Camiño Inglés, será punto de referencia para as persoas que se achegan facendo o Camiño de Santiago e grupos de peregrinos.

06-06-2024
06-06-2024
Diversos establecementos feneses súmanse este sábado, 8 de xuño, a unha nova edición da Fashion Night. Un evento no que ofrecerán importantes descontos e o sorteo dunha viaxe entre as persoas que se acheguen a mercar, en horario especial de apertura de 10 a 14h, e de 18 a 23h. A partir das 19.30h realizaranse catro desfiles de moda diante de diferentes locais da Avenida Marqués de Figueroa (19.30h Moda Jomer; 19.45h Dama; 20h Mi Pachú e 20.15h Bualá). Tamén haberá tempo para os concertos con Los Alcántara (ás 19h na Avenida Marqués de Figueroa), La Indirigible (ás 20.30h na Avenida Tarrío) e Superglú (ás 22h na Avenida Naturais), o pase das Treboeiras de Canido e diversas exhibicións de baile a cargo das academias May Dance e Fusion Dance.
21-05-2024
21-05-2024
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, presentaron esta mañá o XIV Concurso de Tapas que comeza este venres, e no que nove establecementos compiten nas categorías de Tapa Tradicional e Tapa Creativa. Durante o anuncio, as representantes municipais deron conta da mecánica do certame, así como da composición do xurado profesional, que estará formado por unha persoa en representación do Concello de Fene, outra da Asociación de Empresarios de Hostalería Ferrol e Comarcas e unha terceira do Departamento de Hostalería e Turismo do IES Fraga do Eume.
15-05-2024
15-05-2024
O Concello de Fene, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, organiza nas dúas últimas fins de semana de maio o XIV Concurso de Tapas. Unha cita na que nove estabelecementos da hostalería local competirán por facerse con algún dos catro premios que se deciden, dous outorgados por un xurado profesional, e outros dous que dependerán das persoas que participen co seu voto ao realizar o percorrido gastronómico.
Na categoría de Tapa Tradicional participarán tres establecementos, O Son de Cociña coa súa proposta “O sol da cociña”, a Cafetería Bombay cos seus “Crepês de peixe e marisco” e o CCRD Perlío co “Montadiño ao tío Pepe”. Competindo na categoría de Tapa Creativa estarán Arrecendo, con “Arrecendo a mar”; Bar A Ponte con “Tres continentes”; Galicuba coa “Delicia cubana”; Cafetería Lembranza con “Ruliña!”, o CMIU de Fene coa “Bolsa de Ouro” e o Pachamama co “Tartar de Langostinos”.

06-03-2024
06-03-2024
Logo do aprazamento por mor do temporal de choiva e vento vivido na comarca a fin de semana pasada, a área de promoción económica do Concello de Fene vén de reprogramar para esta fin de semana (8, 9 e 10) a nova edición do Outlet Fene.
Trátase dun evento moi agardado pola veciñanza local e visitantes, no que unha vintena de establecementos ofrecerán produtos de calidade a prezos máis vantaxosos. Celebrarase o venres e o sábado, en horario de 10 a 14h e de 17 a 20h, e o domingo entre as 10.30 e as 14h.

31-01-2024
31-01-2024
O mural realizado polo artista SFHIR durante o primeiro Perla Mural Fest celebrado o pasado mes de agosto en Fene, vén de ser nomeado como Mellor Mural do Mundo pola plataforma Street Art Cities , logo dun proceso de votación popular que culminou no día de onte.
A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, celebrou este recoñecemento, e felicitou unha vez máis ao artista Hugo Lomas (SFHIR) “por ter conseguido este galardón que desde agora sitúa a Fene no mapa mundial da arte urbana”. Coira tamén tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que souberon apreciar a labor realizada polo artista e contribuíron co seu voto a conseguir este resultado”.