Fene hoxe

Inicio   Fene hoxe
11-02-2022

Promoción Económica xa ten aberto o prazo de inscrición no Outlet da primeira fin de semana de marzo

A Concellaría de Promoción Económica ultima estes días os preparativos do Outlet Merca en Fene, un evento cheo de fantásticas oportunidades cos mellores prezos que se vai desenvolver na fin de semana do 4, 5 e 6 de marzo. Falta case un mes, pero desde o departamento informan que xa está aberto o prazo de inscrición para esta cita, que deberá formalizarse a través do correo desenvolvemento.local@fene.gal ata o venres 18 de febreiro. Aínda pendentes da aprobación do programa definitivo da actividade, dende Promoción Económica avanzan que será unha cita aberta a todos os establecementos do municipio "coa que se pretende fomentar e reactivar o consumo no comercio local".
04-02-2022

San Valentín reúne este domingo o melloriño da artesanía local e comarcal

O paseo marítimo de San Valentín acollerá durante toda a xornada deste domingo 6 de febreiro a Feira de Artesanía organizada pola Concellaría de Promoción Económica, na que se darán cita 24 postos de dentro e fóra de Fene. A iniciativa busca poñer en valor a creación de proximidade ofrecéndolles ás artesás e artesáns participantes un espazo compartido -baixo carpa- no que expor e vender as súas manufacturas. 
26-11-2021

A concellaría de turismo do Concello de Fene organiza un Showcooking con degustación a cargo da recoñecida cociñeira Beatriz Sotelo

Dentro do Programa Fene Vivo Plus, o Concello de Fene impulsa a protección e divulgación do patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación e son fundamentais para crear e impulsar un microdestino de calidade e sostible.
Entre as actividades programadas, salienta o Showcooking con Degustación que terá lugar este sábado 27 de novembro na Praza do Alcalde Ramón José Souto González, dirixido pola Beatriz Sotelo, que cociñará en vivo e en directo os produtos de excelencia da nosa ría, en 4 pases abertos ao público (50 persoas por pase, por rigorosa orde de inscrición), con posterior degustación gratuíta.
18-11-2021

A concellaría de turismo do Concello de Fene pon en marcha o proxecto "FENE MAR VIVO PLUS"

Como continuación das dúas edicións anteriores, nas que se concluíu a importancia que o turismo ten para valorizar e comercializar os nosos produtos, o Concello pon en marcha o programa ‘Fene Mar Vivo Plus’ proxecto que se desenvolve ao abeiro do Programa FEMP 2014-202 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2020.

O Concello quere seguir protexendo e divulgando o patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural de Fene, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación.

Con ‘Fene Mar Vivo Plus’ quere conxugar un servizo público vencellado ao turismo, para poñer en valor e seguir dando a coñecer a actividade pesqueira e a cultura mariñeira, así como outros produtos patrimoniais que distinguen este territorio.
01-10-2021

A Concellería de Turismo amosa na SCRD Agarimo a exposición do I Concurso de Fotografías do Camiño Inglés

A mostra, organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés coa colaboración da Asociación de Promoción do Camiño Inglés, consta de 21 fotografías, as 3 gañadoras do certame e 18 finalistas. Esta exposición inaugurouse en xuño nas instalacións da Autoridade Portuaria de Ferrol, coincidindo coa celebración do evento “Primavera no Camiño” e, posteriormente, iniciou a súa itinerancia por algúns dos concellos que conforman o Camiño Inglés.
No concello de Fene amósase dende hoxe nas instalacións da Sociedade Agarimo de Sillobre e poderá visitarse até o vindeiro 14 de outubro en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, de luns a domingo.
1 2 3 4 5 6