A freguesía de Perlío, segundo o Censo de Poboación de 2006, ten 3.381 habitantes e é a segunda de maior peso demográfico do municipio, unicamente superada por San Salvador de Fene. Ten unha extensión de 1,8 quilómetros cadrados e unha altísimima densidade de poboación que supera os 2.800 habitantes por quilómetro cadrados.
Perlío limita ao norte coa parroquia de San Valentín, cara ao oeste coa ría de Ferrol, na súa banda oriental faino coa parroquia de Fene, e polo sur linda con Barallobre e Magalofes.
A parroquia conta coas seguintes de entidades de poboación: Ameneiral, As Cañotas, O Cardoeiro, As Centeeiras, Chamoso, As Chancas, O Cruceiro, A Fraga de Perlío, A Maroña, Mundín, A Ostreira, O Pachuzo, A Pallota, O Pavillón, O Penedo, A Peneira, Perlío, As Pñias, As Regas, Restreba, A Rúa Alta, A Rúa Baixa, Tarrío, A Torre e A Xunqueira.
Toponimia
Barállanse dúas hipotéticas solucións a respecto da orixe deste topónimo: do latín perna, `certo marisco ou molusco mariño´, `especie de ostra´. Mais esta hipotética solución parece remotísima porque existen varias razóns que impiden recoñecela como verdadeira xa que aparece Perlío en documentación medieval moi antiga, de aí que pareza improbable a incidencia da palabra italiana; e aínda que é verdade que na ría de Ferrol, e sobre todo na banda de Fene, foi abundante en ostras, pero non do xénero perlífero. Por cabo, o sufixo -ino é de carácter culto, por tanto de introdución serodía.
A segunda procedencia sería dunha frase nominal con preposición en latín *per illu (m) rivu (m) `polo río´ (a semellanza coa ría), con metátese: *per Illu (m) rivu (m) *per-lo-rio>pelo rio> perlío.
Festas e romarías
- Festa dos Santos
- San Estevo, primeiro domingo de agosto