Barallobre

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias   Barallobre
Camiños de Barallobre
vaise o sol pol-a ribeira;
da gaita son frores d’ouro
para a Virxe marisqueira [ X. M. Pérez Parallé]

A parroquia de Santiago de Barallobre ten 1.889 habitantes, dos cales 893 son varóns e 996 mulleres, e a superficie parroquial é de 3,7 quilómetros cadrados. Barallobre linda ao norte coa parroquia de Perlío, ao oeste coa ría de Ferrol, ao leste coa parroquia de Magalofes e ao sur coa de Maniños.

Barallobre suma 31 entidades de poboación que son: Bon Xesús, Borás, A Bouza da Pena, A Brea de Barallobre, Os Carballás, O Carril, O Castro, As Chousas, O Cocallo, A Costa de Xan, Os Currás, A Estación, A Loira, Os Loureiros, O Nogueirido, O Pazo, O Penedo de Baixo, O Penedo de Riba, O Piqueiro, A Pomba, O Pombal, O Ramo, O Rego da Moa, O Revolto, A Ribeira, A Ribeiroa, Romariz, Santiago, O Souto Grande, Tras do Río e Xurreira Baixa.

Toponimia

Segundo Henrique Dacosta, Barallobre é un étimo que tal vez proceda do prerromano ou latino varalia, `sebe de travesaños ou varias´: Barall-, sería a primeira raíz desta palabra; a segunda, -obre, procede do céltico *bhrgh `altura fortificada como cidadela de refuxio´, `castro´ (>*brig-s>-brix>-bre).

Festas e romarías

  • Romaría do Camiñante Descoñecido, o primeiro domingo de xullo
  • Festas do Carme
  • Festas de Santiago, 25 de xullo
Descargas