Inscricións Mocidade Activa

Ofértanse catro grupos, dous en Fene, un en Mugardos e outro en Neda, cunha duración quincenal en cada quenda.

As prazas están limitadas a 10 persoas por grupo para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción.

O período de inscrición está aberto ata o 28 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

As solicitudes formalizaranse achegando o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal