No verán.... a Mocidade Activa

No verán.... a Mocidade Activa

Área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene abre o prazo para inscribirse nas actividades dirixidas á mocidade con idade comprendida entre os 11 e ata os 16 anos.

Neste espazo dinámico as actividades a abordar serán entre outras son: rutas guiadas, obradoiros ao aire libre relacionados co medioambiente, deportes locais, tradicionais e acuáticos, xogos colaborativos, radio, fotografía…. Todo isto tendo en conta as emocións e necesidades que nos espertan, valorando así o noso benestar a través do uso saudable do ocio.

Ofértanse catro grupos, dous en Fene, un en Mugardos e outro en Neda, cunha duración quincenal en cada quenda.

As prazas están limitadas a 10 persoas por grupo para poder garantir un espazo dinámico e participativo, buscando a interacción.

O período de inscrición está aberto ata o 28 de xuño ou ata que se cubran as prazas por orde de inscrición.

As solicitudes formalizaranse achegando o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico: servizos.sociais@fene.gal

 Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Web:http://www.fene.gal

Actividade enmarcada no proxecto de prevención de condutas aditivas

O Concello de Fene mantén un convenio para a xestión compartida cos concellos de Mugardos e Neda do proxecto de prevención de condutas aditivas no eido local para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Este convenio desenvolvese a través da Área de Benestar Social e Igualdade en colaboración coa Consellería de Sanidade.

Descargas