Espazo de encontro entre mulleres

O programa desenvolverase durante o último trimestre do 2023, dende o 27 de setembro ata o 14 de decembro. Unha sesión semanal de 2 horas de duración que se realizarán os mércores de 10:00h a 12:00h da mañá no Centro Municipal de Servizos Sociais, sito na Av. do Mar, Bloque 1 – Baixo de San Valentín. (Podería modificarse o horario en función do grupo que se forme).

As mulleres interesadas poden anotarse no Servizo Municipal de Atención á Muller por teléfono ou por correo electrónico:

• 981342607 // 981492706
• smam@fene.gal

O prazo para anotarse permanecerá aberto a partir do 1 de setembro e a selección das participantes farase segundo rigoroso orde de inscrición, tendo preferencia as mulleres residentes en Fene, até completar un total de 15 mulleres. Imprescindible cubrir a folla de inscrición si se fai por email.

Actividade sen custe para as mulleres participantes.

Ligazóns