Data de inicio: 31-05-2024 . Data de fin: 03-07-2024
A Concellería de Deportes abrirá o prazo o 10 de xuño para o alumnado matriculado neste mes que queira reservar prazas para o vindeiro curso nas escolas de piscina, pavillóns, kárate e judo. Ésta tramitarase presencialmente no Pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e os mércores do mes de xuño, tamén en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas. O alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva do 10 ao 21 de xuño e o de fóra de Fene ou de Fene terá de prazo do 24 de xuño ao 3 de xullo