Reserva de prazas para as escolas deportivas municipais do Concello de Fene 2024-25

Reserva de prazas para as escolas deportivas municipais do Concello de Fene 2024-25

A Concellería de Deportes abrirá o prazo o 10 de xuño para o alumnado matriculado neste mes que queira reservar prazas para o vindeiro curso nas escolas de piscina, pavillóns, kárate e judo. Ésta tramitarase presencialmente no Pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e os mércores do mes de xuño, tamén en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas. O alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva do 10 ao 21 de xuño e o de fóra de Fene ou de Fene terá de prazo do 24 de xuño ao 3 de xullo.

No momento de realizar a reserva de prazas, os/as usuarios/as deberán presentar: o carné de usuario e, no caso de querer domiciliar o pagamento trimestral da/s actividade/s, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.

Só poderá reservar praza o alumnado matriculado no mes de xuño que non teña cotas pendentes de pagamento tanto deste curso coma de cursos anteriores. Ademáis, nesta convocatoria non se poderá solicitar cambio de actividade ou grupo. A reserva realizarase para a mesma escola, grupo e horario nos que se estivo matriculado/a neste curso, agás aquelas persoas que por idade ou por nivel cambien de grupo. Neste caso deberán escoller novo horario.

Segundo informa a Concellería de Deportes, as persoas que o desexen poderán facer a reserva dos demais membros da súa unidade familiar (se tamén estiveron matriculados/as nas escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non queiran domiciliar o pagamento xa que, neste caso, deberá asinar o titular da conta).

Finalizado o prazo, se non se formalizou a reserva, as prazas non solicitadas quedarán libres para cambios ou para novas altas no período de matriculación do mes de setembro.

Pagamento de cotas renovación mensual: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas.

Domiciliación bancaria: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 24/25. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.

Descargas