Data de inicio: 18-09-2017 . Data de fin: 21-12-2017
Activación da memoria
En activación da memoria faranse sinxelos exercicios para manter a mente esperta e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás, (onde están as chaves, como era o nome de...). Utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades coas que se pretende estimular a atención, a vista, a coordinación, a linguaxe ou a capacidade de cálculo mental.
En Limodre os obradoiros serán os luns de 18 a 19.30h. e os martes de 16.45 a 18.15h. tocaralle ao CPS de San Valentín.
Recordando o noso
"Recordando o noso" consiste en traballar as diferentes funcións cognitivas dende unha perspectiva máis dinámica, achegando vivencias e lembranzas coas que recuperar a historia do territorio.
Estes obradoiros impartiranse no local do Pote, en Maniños os martes de 18.30 a 20.00h. e na ACDR Liga de Amigos de Barallobre os mércores de 18.15 a 19.45h. Tamén o mércores, pero de 16.30 a 18.00h. tocaralle ao CMI Unidade de Fene. En San Xurxo de Magalofes o obradoiro desenvolverase os venres de 19.00 a 20.30h. e, por último, en Agarimo de Sillobre quedaron fixados os martes de 18.30 a 20.00h.
Recuperación da Memoria
Actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo.
Se desenvolverán no Centro Municipal de Servizos Sociais dous grupos un os luns en horario de maña 11.30 a 13.00 h e outro os xoves en horario de 16.30 a 18.00.