Cores. O reflexo da alegría de vivir

“Cores. O reflexo da alegría de vivir” é o título da nova exposición de Flor Taracido que albergará a Casa da Cultura-Museo do Humor durante todo o mes de xullo.

Flor Taracido leva máis de 20 anos experimentando diferentes técnicas: carbonciño, plumilla, pastel, collage e, sobre todo, óleo. En canto ó estilo da súa pintura, asegura identificarse co “fauvismo”, polo seu estilo ledo e vitalista, “un fiel reflexo da miña personalidade e carácter”.

Ligazóns