Inscrición prazas prazas de chofer condutor/a e peón/a tractorista e a traballador/a social

O concello de Fene ven de publicar no BOP do mércores 10 de xuño as convocatorias para creación de listas de:

Convocatoria dos procesos de selección para a creación de dúas listas de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de chofer condutor/a e peón/a tractorista

Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social, mediante o sistema de concurso libre

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

No caso de presentación presencial, será necesaria a cita previa para limitar o aforo, sendo as canles para realizar a petición as seguintes:

-Cita previa telefónica: 671 508 166

(De luns a venres en horario de 8.00 - 15.00 horas).

-Petición online: https://sede.fene.gal/opencms/gl/cita/

-Cita previa por correo electrónico: citaprevia@fene.gal

Á instancia, conforme ao modelo  acompañarase inescusablemente da documentación relacionada nas bases.

Descargas