Data de inicio: 20-10-2020 . Data de fin: 31-10-2020
Cunha pequena mostra bibliográfica con perto dunha trintena de libros de diversos xéneros (biografía, historia, teatro, poesía, narrativa, infantil e xuvenil...), a Biblioteca Municipal de Fene rende homenaxe estes días á figura de D. Ricardo Carvalho Calero.
A xente na barreira, Scórpio, Poesía perdida, Beleza, verdade ou Escritos sobre teatro. Son algúns dos títulos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020 que inclúe esta exposición xunto con estudos e ensaios sobre a figura de Carvalho Calero. A mostra permanecera na Biblioteca Municipal de Fene até o vindeiro 31 de outubro e poderá visitarse de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.