O Concello conmemora nas redes sociais o “Día das Letras Galegas”
12-05-2020
Grazas ao labor do CMI Unidade de Fene e de Xosé María Pérez Parallé, en Fene vimos conmemorando o “Día das Letras Galegas” dende o seu nacemento en 1963. Dende aquela, á iniciativa do Círculo de Fene foron sumándose progresivamente o resto do tecido asociativo fenés, os centros de ensino e, a partir de 1979, as corporacións municipais democráticas.
Neste ano 2020, no que a pandemia obrigou a adiar ao 31 de outubro o plenario da Real Real Academia Galega que marca a conmemoración do Día das Letras Galegas, dende o Concello de Fene non queremos deixar de celebrar este 17 de maio de xeito virtual, a través das redes sociais e nas fenestras das nosas casas.
Nas redes sociais, a través da iniciativa que promovemos dende a nosa páxina de Facebook https://www.facebook.com/Fenequedanacasa/ e coa que pretendemos reconstruír a historia gráfica do Día das Letras en Fene dende 1963 até aos nosos días, proxecto no que contamos coa colaboración das sociedades e no que tamén queremos involucrar á veciñanza, pedíndolle que nos faga chegar calquera fotografía, vídeo, cartel ou outro material gráfico dalgunha das múltiples actividades relacionadas coa Día das Letras enviándonola por whatsapp ao 607 625 357 coa etiqueta #letrasgalegasfene2020.
Sen saírmos das redes sociais, sumándonos á proposta de Queremos Galego para “desconfinar o galego” o vindeiro 17 de maio a partir das 12:00 h, enchendo as redes sociais, nomeadamente o Twitter, con de mensaxes coas etiquetas #PrecisamosDoGalego, #QueremosGalego ou #EuFaloGalego.
Nas fenestras das nosas vivendas, pendurando a bandeira galega e cartaces para imprimir que se poden descargar no seguinte url https://www.queremosgalego.gal/2020/05/05/17-de-maio-cartaces-para-imprimir/
E non deixar pasar a ocasión para coñecer máis polo miúdo a historia do Día das Letras e ao autor homenaxeado neste 2020 entrando nas seguintes ligazóns:
Carvalho Calero, biografía e obra