Unha ampla oferta de escolas culturais, municipais, distribuídas por todo o Concello funcionan cunha media de 3 horas semanais durante o curso escolar. Completa a oferta formativa a organización de cursos e obradoiros específicos cunha duración menor que as escolas.
A matriculación nas Escolas ten lugar na primeira quincena de setembro e a oferta de actividades estrutúrase en dúas grandes modalidades:
- Escolas municipais, dirixidas á poboación de todas as idades. Teñen lugar na Casa da Cultura.
- Cursiños e obradoiros TIC e doutras modalidades.
A organización de cursos e obradoiros ten carácter puntual e a súa convocatoria anúnciase neste web.