Subvencións anuais ao asociacionismo cultural e subvencións nominativas ou convenios de colaboración para o desenvolvemento de proxectos singulares.
Para contribuír ao normal funcionamento do asociacionismo cultural o Concello consigna nos seus orzamentos subvencións para as entidades que se distribúen consonte coas bases consensuadas con tódolos axentes sociais.
Para o desenvolvemento de proxectos singulares que teñen carácter estábel o concello pode chegar a subscribir convenios de colaboración coas entidades promotoras.