Campaña de detección Covid-19

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña iniciou, coa colaboración da Consellería de Sanidade, un cribado gratuíto para a poboación a través da autorrecollida dunha mostra de saliva. O obxectivo é a detección de casos de Covid-19 en persoas que non manifestan síntomas ou que son inapreciables, mediante a recollida de mostras de saliva a través das oficinas de farmacia da provincia.

As farmacias de Fene adheridas á campaña son as de:


. PERLÍO (Teresa Duarte Vázquez). Avda. Marqués de Figueroa, 60-62. Tfno. 981 340 176
. BARALLOBRE (Beatriz García Rivas). Rúa Santiago, 43. Tfno. 981 360 147
. FENE (María Luísa Hidalgo Sotelo). Rúa Doutor Malvar, esq. Fraga - Ed. Parque IV. Tfno. 981 340 153

Ligazóns