Axudas a entidades sen fins de lucro do Concello de Fene

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2021, do luns 25 de novembro ao luns 8 de novembro ás 14.00 horas permanecerá aberto o prazo de solicitude destas axudas que teñen como finalidade: contribuír ao normal funcionamento do tecido asociativo (gasto corrente); mantemento de instalacións, así como a realización de actividades de carácter cultural, deportivo, educativo, de defensa dos dereitos da veciñanza e gastos de funcionamento. A contía que destina o Concello de Fene a esta convocatoria é de 105.800 €, incrementándose o importe máximo de subvención por entidade no caso das deportivas e culturais.

Ligazóns