A Casa da Cultura de Fene acolle este xoves, 11 de novembro, ás 18.30 horas, a obra de teatro Vaia tea! coa que se pretende facer reflexionar á cidadanía sobre a orixe do que consumimos. A actividade enmárcanse na campaña Aquí e Acolá O Xusto, da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que trouxo a Fene tamén o pasado 24 de outubro a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.

Vaia Tea!, da compañía Xucrut Teatre, pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.

Ligazóns