Servizos Sociais de Fene convida a que nos sumemos ao movemento do comercio xusto a través da peza teatral Vaia tea!
A actividade enmárcanse na campaña Aquí e Acolá O Xusto da ONG Solidariedade Internacional de Galicia
09-11-2021
A Casa da Cultura de Fene acolle este xoves, 11 de novembro, ás 18.30 horas, a obra de teatro Vaia tea! coa que se pretende facer reflexionar á cidadanía sobre a orixe do que consumimos. A actividade enmárcanse na campaña Aquí e Acolá O Xusto, da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que trouxo a Fene tamén o pasado 24 de outubro a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto. A entrada ao espectáculo, recomendado para un público a partir de 12 anos, será de balde ata completar aforo.
Vaia Tea!, da compañía Xucrut Teatre, pretende achegar aos/as espectadoras a realidade que existe detrás do consumo de roupa a través do humor e a invitación á reflexión.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto, financiada pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación, nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.
Solidariedade Internacional de Galicia
Solidariedade Internacional de Galicia é unha organización formada por persoas que levan máis de dúas décadas traballando na comunidade e que entenden a solidariedade como unha forma de estar no mundo. A través das súas iniciativas, actúan promovendo a solidariedade da sociedade galega para un desenvolvemento compartido cos países do Sur.
Para máis información :
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.dicoruna.es
E-mail: direccion@solidaridadgalicia.org