Matriculación Verán máis alá

Os pais/nais deberán achegar a documentación especificada nas bases do programa: ficha de datos, ficha médica, informe médico (de ser preciso), declaración de autorizacións, fotografía, xustificante de pagamento da cota, copia da tarxeta sanitaria,..... Tamén neste caso, a achega de documentación poderá realizarse por vía telemática e de maneira presencial (solicitando cita previa a partir do día 9 de xuño no teléfono 981.340.366)

As familias con praza poderán formalizar a matriculación en "Verán Máis Alá" do día 15 ao 17 de xuño.

Para máis información sobre o programa cómpre chamar ao Departamento de Cultura e Deportes (tfno. 981 340 366) ou enviar un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal.

 

Ligazóns