Admitidos/as no verán máis alá 2022

Admitidos/as no verán máis alá 2022

A entrega da documentación será do 15 ao 17 de xuño

Publicado o listado de admitidos/as no verán máis alá 2022. Nesta fase de matriculación, os pais/nais deberán achegar a documentación especificada nas bases do programa: ficha de datos, ficha médica, informe médico (de ser preciso), declaración de autorizacións, fotografía, xustificante de pagamento da cota, copia da tarxeta sanitaria,..... Tamén neste caso, a achega de documentación poderá realizarse por vía telemática e de maneira presencial (solicitando cita previa a partir do día 9 de xuño no teléfono 981.340.366)

As familias con praza poderán formalizar a matriculación en "Verán Máis Alá" do día 15 ao 17 de xuño.

O custo da actividade para o mes completo é 68,15 € (2º membro da unidade familiar 36,70 €); para unha quincena o custo é 34,08 € (2º membro 18,35 €)

Ademais, en situación de escasa capacidade económica, “as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade nos termos sinalados no artigo 4) da Ordenanza fiscal núm. 2”.

Por último, a Concellería de Cultura lembra que haberá unha reunión previa cos pais/nais/titores dos/as participantes no Salón de Plenos da Casa do Concello o xoves 30 de xuño ás 20:00 horas.

Para máis información sobre o programa cómpre chamar ao Departamento de Cultura e Deportes (tfno. 981 340 366) ou enviar un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal.

Descargas