A iniciativa alcanza a case 30 establecementos de Fene e serverá para seguir mellorando os quilogramos de resíduos de envases depositados nos colectores de Fene. Sendo no 2014 un total de 203535 quilogramos de vidro os reciclados pola veciñanza, correspondendo unha media de 15 quilogramos de vidro por cada fenés/fenesa.
Deste xeito, entregaránse 26 cubos con rodas de gran capacidade e instalaranse 6 novos colectores de VACRI.
Dende a Concellería de Medio Ambiente, lémbrase a veciñanza que os colectores de vidro das rúas serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, tarros e frascos. Outros materiais como a cerámica ou outro tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de xanelas.....etc) ao ter unha composición distinta ao vidro dos envases deben ser depositados nun punto limpo.
Con esta inciativa xunto coa campaña Recicla co Grupo Soil iniciada nos centros escolares de Fene, a Concellería de Medio Ambiente traballa coa convición de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene.