Dende a Concellería de Medio Ambiente desenvólvense diversas campañas divulgativas coas que se pretende concienciar á poboación na conservación do medio ambiente, da necesidade de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene e diminuir a cantidade de residuos que se envían para xestión en vertedoiro.
No ano 2019 o Concello de Fene acordou en pleno a súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, asumindo así os compromisos da Unión Europea en materia de clima e enerxía para o ano 2030.
A adhesión ao Pacto dos Alcaldes implica a adopción dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible que inclúe medidas para o freo do cambio climático, consistentes na reducción de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono do municipio.
Plan aprobado na sesión plenaria do 5 de novembro de 2020. Ver aquí