Campañas

Campaña "Adeus rios, adeus fontes"

Perante as vindeiras conmemoracións do Día Forestal Mundial (21 de marzo), do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e do Día Mundial da Auga (22 de marzo), a concellería de Medio Ambiente de Fene impulsará este ano o programa “Adeus ríos, adeus fontes”, dirixido ao conxunto da comunidade educativa do Concello de Fene e, en particular, ao alumnado de Primaria.

Campaña informativa "ERRE QUE R"

A iniciativa pretende concienciar á poboación sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar o lixo.

Campaña reciclado vidro na Hostelería de Fene

A iniciativa alcanza a case 30 establecementos de Fene e serverá para seguir mellorando os quilogramos de resíduos de envases depositados nos colectores de Fene. Sendo no 2014 un total de 203535 quilogramos de vidro os reciclados pola veciñanza, correspondendo unha media de 15 quilogramos de vidro por cada fenés/fenesa.

Campaña 3R nos centros escolares de Fene

A Concellería de Medio Ambiente de Fene e o Grupo Soil promoven unha campaña de concienciación nos centros escolares de Fene coa convicción da necesidade de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene e diminuir a cantidade  de residuos que se envían para xestión en vertedoiro.

Campaña Fene móllase polos ríos

O Concello de Fene, en colaboración con distintas sociedades medio ambientais do termo municipal e comarca –Adega, Aetna e Los Delfines- e a empresa Tragsa, acometeron o pasado domingo 27 de setembro a limpeza do río Vaa e Cádavo, iniciativa que se enmarca na VIII xornada de limpeza simultánea de ríos “Móllate polos ríos”, impulsada por Adega no marco do Proxecto Ríos.

Campaña reciclado do aceite doméstico usado

Dende a Concellería de Medio Ambiente animan á veciñanza a  participar no reciclado do aceite doméstico usado (sempre aceites de orixe animal ou vexetal, nunca aceites de orixe mineral, como o aceite dos coches).